Saltar ao contido
Bouba

Termando dos Marcos

Despois de toda a emoción de Vinculeiras chegou a merecida calma e puidemos erguer con paciencia o que é o novo proxecto das Bouba.

A lume lento e un bocado máis maduras, reparamos en nós e no mundo e creamos algo novo, pequeno, local, desde as marxes. Máis ca nunca resituámonos na aldea que nos pariu, a que nos dou o nome e nos mostrou que sen nós non había futuro.

Non é esta cousa boa de facer nun país cada vez máis asoballado polo capital e a desmemoria. Sabémonos metidas nunha noite de séculos, como cantaban Fuxan Os Ventos, pero resistir é de xustiza. Agarrarémonos coma carrachas aos marcos porque son nosos e, sabedoras de que precisan novas miradas, irémolos mudando para ter a vida que queremos.

Animación: un sacho cava a terra ao pé dun marco de pedra cuberto de brión.

Aquí estamos, BOUBA, para seguir sendo, Termando dos marcos. Os marcos somos nós.

O disco Tenda

  • As Bouba tocan sentadas no escenario da feira BioCultura, con público diante
    Feira BioCultura – A Coruña
  • Tres pandeireteiras tocan nun campo, diante dun muro pintado
    Mulleres Extramuros
  • Vista xeral do concerto no campo, con xente de pé arredor
    Mulleres Extramuros
  • O letreiro «Foliada da Memoria» nun souto, cos músicos ao fondo
    Foliada da Memoria
  • Xente bailando no souto da Foliada da Memoria
    Foliada da Memoria
  • As Bouba cantan sentadas en sofás nun xardín, sobre alfombras
    Voda-festival
  • As Bouba de costas tocando nun xardín, cos convidados da voda ao fondo
    Voda-festival
  • Tres pandeireteiras cantan debaixo dunha escaleira de pedra e madeira
    Foliada Guimara – Saa
  • As Bouba tocando a pandeireta, vistas de preto
    Foliada Guimara – Saa
  • A foliada de Saa vista desde o público, co local cheo
    Foliada Guimara – Saa

A presentación

Presentación Casa Lourán

O audiovisual

Ao premer, o reprodutor cárgase desde YouTube, que pode gardar cookies no teu dispositivo. Máis información.