Saltar ao contido
Bouba

Bouba. Tocadoras e Cantadoras GZ

As catro Bouba nun bosque cuberto de hedra: unha de pé cunha fouce na man, outra deitada apuntando cunha escopeta, outra con sombreiro de palla e a cuarta mirando por uns prismáticos, cunha pandeireta no chan.

Tenda

Mándanos o teu pedido a [email protected] e indícanos o enderezo para ver as opcións de envío.

Termando dos Marcos

Despois de toda a emoción de Vinculeiras chegou a merecida calma e puidemos erguer con paciencia o que é o novo proxecto das Bouba.

A lume lento e un bocado máis maduras, reparamos en nós e no mundo e creamos algo novo, pequeno, local, desde as marxes. Máis ca nunca resituámonos na aldea que nos pariu, a que nos dou o nome e nos mostrou que sen nós non había futuro.

Non é esta cousa boa de facer nun país cada vez máis asoballado polo capital e a desmemoria. Sabémonos metidas nunha noite de séculos, como cantaban Fuxan Os Ventos, pero resistir é de xustiza. Agarrarémonos coma carrachas aos marcos porque son nosos e, sabedoras de que precisan novas miradas, irémolos mudando para ter a vida que queremos.

Animación: un sacho cava a terra ao pé dun marco de pedra cuberto de brión.

Aquí estamos, BOUBA, para seguir sendo, Termando dos marcos. Os marcos somos nós.

  • Reproducir: O carballo do picho
    O carballo do picho
  • Reproducir: Fomos ficando soas
    Fomos ficando soas
  • Reproducir: Os tolos de Lesta
    Os tolos de Lesta

Ao premer, o reprodutor cárgase desde YouTube, que pode gardar cookies no teu dispositivo. Máis información.

Ver o proxecto Escoitar o disco