Nós
-
Quen somos
Reproducir: Bouba — Presentación Bouba — Presentación -
Que é a bouba
Reproducir: A bouba A bouba
Ao premer, o reprodutor cárgase desde YouTube, que pode gardar cookies no teu dispositivo. Máis información.
Que facemos
Tocamos e cantamos e levámo-la música e a alegría a canda nós. Andamos inxeles no torreiro e lucimos espléndidas no escenario.
Témo-la gracia de saber adaptarnos a cada ocasión, para cada momento temos a palabra xusta e a cantarea máis acaída.
Funcionamos nas festas de cultivo extensivo e moito máis nos recunchos, no próximo, no minifundio artístico. O éxito está asegurado, festeiras nas festas, elegantes a cada paso, a quinta esencia da música tradicional.